Opinión

Un debate que crece

Cando escribo este artigo aínda non sabemos cal será o resultado da consulta interna de Junts sobre a permanencia ou non no goberno. Evidentemente este é un tema crucial que vai determinar o que pasará nos próximos meses. Pero, sexa cal sexa o resultado, non me parece o máis transcendental.

É moi difícil imaxinar como pensa gobernar nunha cámara de 135 deputados con 33 deputados independentistas a ou como máximo cos 41 que suma cos comúns

En primeiro lugar porque este goberno está en caída libre. A contundente derrota da proposta estrela do president no debate de política xeral é un aviso difícil de ignorar. A proposta dun acordo de claridade só conseguiu os votos de ERC e Comuns. Aragonés non gañou as eleccións, gañounas Illa, e o seu único argumento para ser president é que o fixeron president as CUP e Junts. Por iso é moi difícil imaxinar como pensa gobernar con 33 deputados independentistas a favor e 41 en contra -mesmo se Junts queda no goberno, seguro que seguirá provocando encontróns-. Por non falar de como pensa gobernar nunha cámara de 135 deputados contando cos seus 33 ou como máximo cos 41 que suma cos comúns.

Pero en segundo lugar, e máis aló, porque as mobilizacións da ANC e o Consell da República e outras situacións como a creada por Josep Costa negándose a ser xulgado polo TSJC, están reabrindo o debate sobre a unilateralidade e sobre a posibilidade de reconstruír un polo soberanista contrario á xestión autonómica. E iso pode cambiar de novo moitas cousas en Catalunya.

De feito o debate dentro de Junts vai diso, claramente xa. Hai que xestionar a autonomía ou hai que apartarse e volver poñer a proa nun novo asalto ao poder?

Despois de cinco anos no que non se conseguiu nada -os indultos foron por mor do Consello de Europa e aínda non está claro que sexan reversíbeis- é lóxico que moita xente se pregunte se é que hai algún camiño transitábel por aí por onde a clase política catalá quixo pór o país. E a resposta negativa anima a volver ao 2017, nun debate que crece cada día máis.

Comentarios