Opinión

“Os penaltis son unha lotería?”

No mundo do deporte e do fútbol en particular, úsanse frases coma esta para xustificar o éxito ou  fracaso nunha competición, frase manida que nos evade da responsabilidade de tomar parte na resolución dun enfrentamento deportivo, si os penaltis son cuestión de sorte, esa mentalidade ponnos como deportistas nunha situación na que pouco imos poder facer para acadar os nosos logros deportivos, o deportista adopta así unha actitude pasiva, perde a iniciativa e a capacidade de acción, está a mercede da sorte.

Esa sentenza, coma moitas outras, non se axusta á realidade, os lanzamentos de penalti son unha acción coma moitas outras das que se dan no fútbol, e coma calquer habilidade deportiva debe de adestrarse xa dende as etapas de formación, e sempre prestando maior atención a execución do penalti máis que ao resultado, é decir si se consigue o gol ou non.

Plantexar nas categorías de formación un xogo de lanzamento de penaltis conleva consigo un risco, que os nenos e nenas centren a súa atención na consecución ou non do gol e non logren elaborar un método de execución eficaz.

O penalti é un lance coma calquer outro, que require dunha rutina previa, unhas habilidades técnicas e unha execución eficaz, o mesmo que lanzar unha falta ou sacar un córner, coa diferenza que a repercusión no marcador cando se lanza un penalti pode ser directa en forma de gol.

O penalti trae consigo (e máis nunha tanda de penaltis) un elevado nivel de presión sobre o deportista que vai lanzalo, así pois atopámonos con dous factores a ter en conta, por un lado a execución técnica que debe ser adestrada a cotío, primeiro en condicións de adestramento e aprendizaxe, sen presión, para paulatinamente ir incrementado o estrés sobre o deportista, nos adestramentos e máis tarde en competición, e por outro lado o control dos elementos estresantes que poidan incidir directamente sobre o lanzador de penaltis, e para iso está o adestramento mental, obxectivo entre outros da psicoloxía deportiva.

En definitiva, os penaltis non son unha lotería.

Comentarios