Opinión

Meu pai di....

Meu pai dí que eres moi malo adestrando..., pero claro o que ese pai non ten en conta e que ese sinxelo comentario pode dinamitar a figura de autoridade e de mestre-guía que representa un adestrador e educador.

O que ao mellor ese pai non ten en conta é que ese adestrador invertíu tempo da súa vida en formarse, e que cada semana invirte tempo en deseñar un adestramento axeitado para un grupo de nenos e nenas case sempre moi heteroxéneo, sobre todo nas primeiras idades da práctica deportiva de equipo, o que ese pai non ten en conta é o traballo intelectual que realiza ese adestrador para detectar as deficiencias e as virtudes de cada neno ou nena, para así por unha banda pulir esas deficiencias e por outra banda perfeccionar e potenciar esas virtudes.

O que ese pai non ten en conta é que nas primeiras idades da práctica deportiva os adultos debemos de relativizar o resultado e prestar máis atención aos procesos (cómo botar un balón, cómo dar un pase, cómo manexar unha raqueta...) e ás veces, e antes de que sexa trade, o prioritario é ensinar uns valores máis que a marcar un gol.  

Comentarios