Opinión

Un embarazo, o nunca visto!

Esta semana saltou á palestra unha nova que revolucionou o panorama político español e que a min tamén me revolucionou, pero o estómago: Susana Díaz, a presidenta andaluza e aspirante a líder do trastabillado PSOE, está embarazada.

Esta semana saltou á palestra unha nova que revolucionou o panorama político español e que a min tamén me revolucionou, pero o estómago: Susana Díaz, a presidenta andaluza e aspirante a líder do trastabillado PSOE, está embarazada.

"Susana Díaz vai ter un fillo. Dende o punto de vista político non vexo por que isto debería importar a ninguén"

Para quen descoñeza o que isto significa aquí vai unha pequena aclaración: Susana Díaz vai ter un fillo. Dende o punto de vista familiar a súa vida vai dar un cambio importante; dende o punto de vista político non vexo por que isto debería importar a ninguén (máis alá da súa familia). 

Ao tempo que os medios fan e desfán unha compilación de mulleres políticas nais (mira ti que cousa), fálase de normalizar a maternidade no mundo da política, pero digo eu: aclarádevos. Se hai que normalizar o tema, debería ser noticia? Ou se cadra o que debería destacarse hoxe é un informe da OCDE que pasou completamente desapercibido, ou case. 

"Cando unha parella ten un fillo, el segue traballando, e ela despóxase de todas as súas aspiracións profesionais porque no século XXI iso segue a ser o que nos toca".

O organismo afirma, entre outras lindezas, que as diferenzas de xénero que atinxen a vida laboral “poderían ser o resultado de que hai máis mulleres que se quedan fóra da forza de traballo, probablemente debido aos papeis tradicionais no que respecta á unidade familiar”. Traducido: cando unha parella ten un fillo, el segue traballando, e ela despóxase de todas as súas aspiracións profesionais porque no século XXI iso segue a ser o que nos toca.

Pero non quero eu marcar a axenda deste país. 

Se queredes retomamos o tema unha vez decidido o nome d@ fill@ de Susana Díaz.

Comentarios