Opinión

Por que gaña os PP as autonómicas?

E primeiro lugar, partimos dun sistema electoral á súa medida. As dúas provincias de poboación envellecida, Lugo e Ourense, votan dereita polas características do rural: poucos habitantes, maiores, dependentes, empobrecidos e controlábeis. Son base do caciquismo. A lei das eleccións ao Parlamento de 1985 foi modificada por Fraga e aprobada só polo PP, di "mais alá do número de habitantes dunha poboación o número mínimo de deputados por provincia é de 10". Así, Lugo e Ourense con 23% da poboación teñen 37% dos escanos. A Coruña e Pontevedra con 76% elixen 63% dos representantes. Ourense e Lugo 14 deputados cada unha, Pontevedra 22 e A Coruña 25. E a Lei D'Hondt favorece os partidos máis votados. 

En segundo lugar, como exerce o poder, a proximidade é determinante. Vivir o país significa estar presente en todo acontecemento dende festas até enterros. Nestas eleccións, a Xunta regalou "cartos de todos" a retornados, a maiores de 65, primeiros carnés de conducir, primeiros negocios, mariscadoras, sanitarios… 

En terceiro lugar, o control das votacións. Cando se vota o control é exhaustivo, casa a casa e persoa a persoa nos lugares pequenos. Parroquias e concellos rurais poñen medios para ir votar. Nas cidades aumenta o voto da esquerda. 

En cuarto, o control dos medios de comunicación, xornais e CRTVG que escandalosamente apoian sempre o Partido Popular. 

Política e socioloxicamente é produto dun país sometido. Actúan como caciques, controlan as xentes empobrecidas coincidentes coa poboación envellecida do rural e dan un salto ás capas sociais enriquecidas pola explotación colonial da nosa terra. O Partido Popular é o partido intermediario que se beneficia da situación dependente da Galiza. Alimenta un galeguismo folclórico sentimentaloide, un bilingüismo harmónico Pero hai outra Galiza nova reivindicativa, concienciada, a das loitas sindicais, obreiras, labregas, mariñeiras. A da oposición ás celulosas, á nuclear. A do 'Nunca Máis', a das manifestacións pola sanidade, polo mar, contra as eólicas. E con importantes sectores industrializados e un interesante, desenvolvido e creativo sector cultural. 

O PP é servo das multinacionais que explotan a nosa terra, mais o seu tempo toca o fin diante da forza da Galiza nova.E primeiro lugar, partimos dun sistema electoral á súa medida. As dúas provincias de poboación envellecida, Lugo e Ourense, votan dereita polas características do rural: poucos habitantes, maiores, dependentes, empobrecidos e controlábeis. Son base do caciquismo. A lei das eleccións ao Parlamento de 1985 foi modificada por Fraga e aprobada só polo PP, di "mais alá do número de habitantes dunha poboación o número mínimo de deputados por provincia é de 10". Así, Lugo e Ourense con 23% da poboación teñen 37% dos escanos. A Coruña e Pontevedra con 76% elixen 63% dos representantes. Ourense e Lugo 14 deputados cada unha, Pontevedra 22 e A Coruña 25. E a Lei D'Hondt favorece os partidos máis votados. 

En segundo lugar, como exerce o poder, a proximidade é determinante. Vivir o país significa estar presente en todo acontecemento dende festas até enterros. Nestas eleccións, a Xunta regalou "cartos de todos" a retornados, a maiores de 65, primeiros carnés de conducir, primeiros negocios, mariscadoras, sanitarios… 

En terceiro lugar, o control das votacións. Cando se vota o control é exhaustivo, casa a casa e persoa a persoa nos lugares pequenos. Parroquias e concellos rurais poñen medios para ir votar. Nas cidades aumenta o voto da esquerda. 

En cuarto, o control dos medios de comunicación, xornais e CRTVG que escandalosamente apoian sempre o Partido Popular. 

Política e socioloxicamente é produto dun país sometido. Actúan como caciques, controlan as xentes empobrecidas coincidentes coa poboación envellecida do rural e dan un salto ás capas sociais enriquecidas pola explotación colonial da nosa terra. O Partido Popular é o partido intermediario que se beneficia da situación dependente da Galiza. Alimenta un galeguismo folclórico sentimentaloide, un bilingüismo harmónico Pero hai outra Galiza nova reivindicativa, concienciada, a das loitas sindicais, obreiras, labregas, mariñeiras. A da oposición ás celulosas, á nuclear. A do 'Nunca Máis', a das manifestacións pola sanidade, polo mar, contra as eólicas. E con importantes sectores industrializados e un interesante, desenvolvido e creativo sector cultural. 

O PP é servo das multinacionais que explotan a nosa terra, mais o seu tempo toca o fin diante da forza da Galiza nova.

Comentarios