Opinión

A politización da xustiza

É difícil escribir coa situación crítica que estamos a vivir. O exterminio das palestinas e palestinos expulsados ao deserto. Sen auga, comida, gas, médicos nin médicas, só cos heroes e heroínas innominados que os atenden no seu holocausto. Matar nenos e nenas, mulleres é matar o futuro dun pobo. Deixalos sen futuro. As razóns, nin ideolóxicas nin relixiosas. Falso. Totalmente terreais e capitalistas.

Son de ambición, de roubo e espolio da riqueza do subsolo das terras palestinas. O roubo do gas natural e petróleo que nunca deixaron explotar aos seus  donos: o pobo palestino. Fronte ás institucións internacionais inoperantes e manipuladas polos imperialistas EEUU. Por outro lado, vemos PP e Vox envalentonados. Feixoo ensoberbecido capitaneando unha oposición que se pretende constitucionalista, sendo os primeiros en traizoala.

E temos “unha estrela que brilla”: Ana Pontón que alenta a esperanza de que a nosa terra non sexa de novo espoliada nos montes, mar e subsolo en nome dun progreso destrutor para Galiza. 

Mais cómpre falar do poder político e xudicial. Dun órgano poderoso como o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX ), en rebelión. Isto sucede co órgano que controla a organización xudicial, a xustiza. Del dependen nomeamentos discrecionais de maxistrados e maxistradas do Tribunal Supremo, presidentes da Audiencia Nacional e TSX das autonomías e das Audiencias Provinciais. O TS ten 12 prazas vacantes das 33 elixidas polo CXPX. Na tese de Law-fare, da guerra xudicial contra inimigos políticos. O CXPX caducado destaca desde a dereita na intrusión política, primeiro contra a Amnistía antes de ser rexistrada e segundo contra a renovación do Fiscal Xeral. 

Hai guerra aberta de Rueda e Feixoo contra  o TSXG  polas sentenzas cancelando  autorizacións de parques eólicos e explotacións mineiras: Muras e Penouta. Denuncian os compoñentes do TSXG,  contra un maxistrado que fora dunha coalición electoral. A politización do TS chega até oporse a recibir “actuacións xudiciais e expedientes non traducidos ao español” acusando de mala actuación o TSXG por un auto en galego. Porén, os cinco presidentes do TSX de Euskadi, Galiza, València, Illes Balears non acordaron actuación en contra. Isto é Law-fare.

Comentarios