Opinión

Non ó xenocidio do pobo palestino

Palestina é terra sagrada para xudeus, musulmáns e cristiáns. Terra de conflitos relixiosos e territoriais. Hoxe enfronta árabes e israelís. Tras o holocausto nazi como compensación ao sufrimento dos xudeus, a ONU na resolución 181 da Asamblea Xeral de 1947, divide Palestina en dous Estados: un árabe e outro xudeu con fronteiras definidas e igual extensión. Xerusalén con supervisión internacional. Na Guerra dos Seis Días de 1967 Israel ocupa Gaza, Cisxordania, e Xerusalén leste, provocando o exilio palestino.

Para os xudeus crentes, segundo A Torá, “é terra prometida e sagrada”. Ao remate da I Guerra Mundial o Mandato británico de Palestina apoia o sionísmo en Israel. Á fin da II GM  en 1948 retíranse os británicos e Palestina queda baixo control internacional. A ONU divide o territorio palestino. Os árabes non aceptan. David Ben-Gurion declara a independencia do Estado de Israel, “refuxio das vítimas da persecución aos xudeus en Europa”.

Nace o 14 de maio de 1948 o Estado de Israel. A guerra de 1967 e nas sucesivas os xudeus suman terras. As vítimas convértense en verdugos. Os palestinos viven desde 1948 en campos de refuxiados. Gaza, capital da Faixa, é a prisión mais grande do mundo. Son 45 km cadrados con 1,6 millóns de persoas sitiadas, sen poder pescar (85% inaccesíbel ao mar) nin cultivar a terra, nin crear condicións de vida propia. 80% dos gazatíes sobreviven da axuda internacional.

Porque seguir aquí? Viven nunha moral de resistencia. A situación estoupa e unha organización como Hamás, creada por Israel contra a OLP de Arafat en 1987, a raíz da I Intifada, é hoxe quen goberna Gaza. Hamás oponse aos acordos de Oslo de 1993 entre a OLP e o Goberno de Israel para a paz. 

Arafat será premio Nobel da Paz 1994. Instituciona a ocupación e non define fronteiras. Mais aumentan os asentamentos israelís e os refuxiados palestinos. A ONU considera Palestina “territorio ocupado” ilegalmente. Mil resolucións da ONU contra Israel. Pero non son vinculantes. Pobo palestino fronte a unha potencia sionísta nuclear. 

Amais, Oriente desconfía de Occidente. Ven discriminación  cos saharauís e palestinos. A guerra nunca é a solución. 

A paz é unha conquista dos pobos.

Comentarios