Opinión

Igualdade da política territorial

A concentración de poder económico e político na Comunidade de Madrid acrecéntase día a día. Dende hai 40 anos PP e PSOE alimentan poder españolista e centralista. Fiscalidade de paraíso, atrae empresas e fortunas. A proximidade á centralidade administrativa, con medios de comunicación comprados que pregoan os beneficios da comunidade creada artificialmente, que identifica "Madrid es España, España es Madrid". O sector privado e o público, adxudicando contratos, así como investigacións. Aportan gran desigualdade territorial. O 42,9% dos Next Generation para innovación e dixitalización adxudícase a Madrid. É necesario deslocalizar centros e institucións publicas.

As V xornadas do Foro 'La Toja', organizadas por Amancio López, subvencionado con 241 millóns de euros pola SEPI, Sociedade Estatal de Participacións Industriais, con representación da dereita trasnoitada do PP e PSOE, Feixoo, Rueda, García Page, Rajoy, Pastor, Piñera, Escotet… Inaugurado polo Rei. Un foro de debate da orde mundial. Veñen sen respectar nen sequera o nome, A Toxa. Aí, Feixoo exixe igualdade "para non estragar o Estado das autonomías". Vota non á normalización do galego. Fala de karaoke no Congreso. Igualdade lingüística?

Na Galiza temos aínda un sector punteiro en investigación e desenvolvemento. O sector pesqueiro galego está a vivir un momento difícil. A eólica mariña pon en risco 150.000 empregos, a vida económica e social de moitas vilas mariñeiras. A eólica mariña afecta a 184 caladoiros ricos e próximos a nosa terra. 2.350 km cadrados de augas galegas entregadas. Galiza concentra o 47% do total das augas da eólica. É igualdade? Frente a esta destrución está a defensa do mar e industria derivada como a representada por Conxemar. Na edición XXIV en Vigo conta con 750 empresas e 45 Estados do mundo que piden que Vigo sexa sede da Rede Global de Portos Azuis das Nacións Unidas (FAO). Galiza posúe importantes institutos de investigacións mariñas: Vilanova, Bouzas, Ribadeo, Coruña, Vigo… Unha facultade de Ciencias do Mar. 

É imperativo descentralizar servizos, institucións e fiscalidade da Comunidade de Madrid para falar de igualdade territorial.

Comentarios