Opinión

Adeus, bardo de Meder

Noutrora conversabamos no desaparecido Cafe Goya da cidade de Vigo o mesmo que faciamos na Rua Marques de Valladares, a poucos metros da que fora morada de don Alvaro Cunqueiro e do pintor Lodeiro, naquela altura que Anton tivera unha incursión na hostalaria.

Tempos dos inesquecibles  Laxeiro, Mantecón, Eiravella, Suso Vahamonde, Carlos Oroza, entre outros creadores que xa non están, casi todos concurrentes as tertulias do Goya, nos aledaños da rua do Principe.

Anos despois, Antón Alonso Fontan, deixou a cidade para ficar no seu berce natal, entre emparrados do Condado. "Casa onde nacin/ O eido onde me criei/ señardoso escollin/ tamen para morrer"

Poema igoal que outros da súa caneta, plasmados nas paredes da casa materna para disfrute de todos aqueles amigos e veciñanza que abeiran a morada do bate, nas faldras do Monte Medulio onde este que escribe, tivo conversas amigables regadas con caldos engarrafados na adega familiar do Condado de Salvatierra.

Eido no que ao longo dos anos compartillou o fistor con xente daqui e dacola, das Artes e das Letras como aqueles ourensans, vigueses distinguidos, pintor Antón Pulido, chegado de terras de Amoeiro e o editor Bieto Ledo, natural de Padroso en Xunqueira de Ambía e mesmo o profesor de San Paio de Ventosela, Alonso Montero, o mesmo que de cando en vez escribe nos xornais sobre o fistor, a quen por primeira vez unha alumna da Facultade de Ciencias de Educacion do Campus de Pontevedra, realiza  un traballo.

A poesia na aula- un estudio sobre a obra do poeta, na que exerce de tutora a profesora Ana Acuña Trabazo.
Non esquezo os recitais na Casa da Anta en Lanhelas, na orela portuguesa de Caminha ou  as conversas sobre a aparición nunha película como doble de Francisco Rabal no Faro das Cies gual que o nome de Xoan Alonso  González, seu abo, campesiño e filosofo a quen o neto dedicou o libro "Galicia Pobo e Terra".

En días ainda recentes, no MARCO de Vigo, o escritor e catedrático Xesus Alonso Montero, recibíu a distinción Premio Laxeiro 2023, pola grande traxectoria e compromiso coa Cultura Galega e durante a sua intervención fixo mencion a Antón Alonso Fontan, referindose as tertulias noutrora no Café Goya da cidade da Oliveira, a que lle ten dedicado outros artigos na Voz de Galicia.

Nesta data o fistor non estaba presente no acto celebrado na Antiga cadeia de Vigo e sabendo da sua amizade da inclusión no discurso, días despois soliciteille o profesor, no Café Nuevo Derby de Eusebio Prado, unha dedicatoria no libro editado co discurso para envíar O Condado.

Días mais tarde, a noitiña recibin unha chamada da filla de Antón Alonso Fontan, indicándome que recibirá o discurso e fora ela quen llo lera.
O último.
Logo, comunicoume que morrera seu pai.

Na miña mente aquel poema

Polo alto da Portela/
asoma a lua chea,/
as medas da herba/
fan sombra na terra.

Comentarios