Opinión

Touros en Galicia

Cando nos institutos e colexios conto que nos orzamentos xerais do estado de 2012 a asignación para bibliotecas foi de cero céntimos de euro pero que para promover a tauromaquia foi de varios millóns, sempre abren a boca apampados, coidando, os meus pobriños, que algo así non pode ser e que todo é froito da imaxinación malvada e roxa do escritor.

Cando nos institutos e colexios conto que nos orzamentos xerais do estado de 2012 a asignación para bibliotecas foi de cero céntimos de euro pero que para promover a tauromaquia foi de varios millóns, sempre abren a boca apampados, coidando, os meus pobriños, que algo así non pode ser e que todo é froito da imaxinación malvada e roxa do escritor.

"Unha Deputación da Coruña que incluso chegou a subvencionar á Peña Taurina con máis de tres mil euros en 2012 e 2013 como "asociación cultural".

Mais o certo é que, cando tal digo, e diante desa reacción abraiada, sempre teño dúas dúbidas. A primeira, se o escándalo sería o mesmo no caso de que en troques de exemplificar cos touros o fixese co fútbol. A fin de contas, son fillos desta sociedade e, polo tanto, aprendémoslle a valorar algunhas cousas como importantes e outras como moito menos importantes ou directamente prescindibles. E o fútbol, xa se sabe, ten praza fixa coma Trending Topic no ADN Colectivo a un nivel moi profundo e indiscutible. E a segunda dúbida que sempre me asalta é (e que ten que ver coa anterior e incluso é unha variación da mesma) é que cal sería a reacción no caso de eu pronunciar esa crítica noutro lugar do estado onde a tauromaquia teña máis predicamento e seguidores. En Madrid ou Andalucía, poño por caso.

Todo isto vén a conta desa información que coñecemos a pasada semana e na que se nos revelaba que a Deputación da Coruña estaba obrigada a informar (e non era sen tempo) encol das subvencións concedidas para touradas. Non en Madrid nin Andalucía. Aquí, en Galicia, na Coruña. Unha Deputación da Coruña que incluso chegou a subvencionar á Peña Taurina con máis de tres mil euros en 2012 e 2013 como "asociación cultural".

E xa que falamos de "cultura" (xa sabedes o que pensa Esperanza Aguirre: todos os que están contra da festa dos touros -festa par ela, para o touro, non- son antiespañoles, ou sexa, uns incultos) e estando como están as institucións de túzaras á hora de soltar a pasta para axudar á cultura (xa saben: iso que fan os roxos) resulta cando menos preocupante que saian cartos dos cidadáns para a celebración de, primeiro de todo, tan inmoral espectáculo e, segundo, de tan pouco galego espectáculo.

"As Deputacións, xa que están, deberían de afrouxar a guita para asuntos que teñan que ver coa cidadanía. E a literatura, incluso a galega, ten máis seareiros e, xa que logo, é considerada máis importante polas galegas e galegos que as touradas". 

Porque as Deputacións, xa que están, deberían de afrouxar a guita para asuntos que teñan que ver coa cidadanía. E a literatura, incluso a galega, ten máis seareiros e, xa que logo, é considerada máis importante polas galegas e galegos que as touradas. A festa esa -insisto, será festa para as señoras de mantilla que van ás prazas ytehablanconsietevocales en castelán- non lle interesa a ninguén. A catro amigos dos cornos. A ninguén máis. De feito, nin sequera a nivel político debería interesarlles conceder as subvencións xa que os datos deixan claro que case que o 75 por cento dos coruñeses (eses que pagan impostos cos que logo a Deputación subvenciona) non lles parece ben que se dean subvencións ás corridas de touros. E quen di iso di os preto de 90.000 euros que o Concello da Coruña se ten gastado no asunto (de feito, na derradeira edición non se venderon nin 500 abonos e a praza énchese porque a xente vai de balde).

Neste intre no que baixo do argumento de que só pode quedar o imprescindible e o resto hai que esquecelo, e xa que logo recorte e recorte e recorte, consideramos altamente inmoral que un só céntimo de euro público se destine a este mundo cornúpeta.

E xa sabedes a brincadeira: corridas, si. Pero das outras.

Comentarios