Opinión

Que pasaría se?

Que pasaria se os membros do Congreso dos Deputados se sometesen a unha proba de Cultura Xeral? Que igual pasaba a ser o Congreso dos Derrotados.

Que pasaria se os membros do Congreso dos Deputados se sometesen a unha proba de Cultura Xeral? Que igual pasaba a ser o Congreso dos Derrotados.

"pasaria se de verdade se obrigase aos directivos da Patronal a sobrevivir co soldo mínimo? Que quizais entenderían a parvada das súas propostas". 

Que pasaria se de verdade se obrigase aos directivos da Patronal a sobrevivir co soldo mínimo (xa non con menos, como suxiren)? Que quizais entenderían a parvada das súas propostas. 

Que pasaria se a todos os que nos gobernan, por cada mentira pronunciada a mantenta, se lles obrigase a poñer un euro para Dependencia? Que xa non habería problemas para atender con dignidade á xente. 

Que pasaria se todo o mundo fose coherente co que predican, co que di que fan? Que de tanta sinceridade o mundo sería máis vivible e menos hipócrita. 

"Que pasaria se a lóxica gobernase o mundo político, económico e social?  Que moitos dos que viven facéndonos a vida peor desaparecerían".

Que pasaria se de verdade se quixese rematar coa fame no mundo? Que de verdade remataría a fame no mundo. 

Que pasaria se inventasen un Detector de Trolas e se impedise presentar á reelección a todo aquel que enganase conscientemente ao pobo, que non se puidesen volver presentar? Que moitos concellos  ficarían baleiros por falla de candidatos. 

Que pasaria se abondase con traballar o que de verdade cómpre traballar? Que igual viviriamos.

Que pasaria se a lóxica gobernase o mundo político, económico e social?  Que moitos dos que viven facéndonos a vida peor desaparecerían. E que a vida sería máis vida.

Comentarios