Opinión

44.000 fracasos

Esta semana pasada coñecimos un informe que asegura que son xa uns 44.000 mozos e mozas as que non puideron matricularse na universidade por mor do "tasazo" de Wert. 

Esta semana pasada coñecimos un informe que asegura que son xa uns 44.000 mozos e mozas as que non puideron matricularse na universidade por mor do "tasazo" de Wert. 

"Esta semana pasada coñecimos un informe que asegura que son xa uns 44.000 mozos e mozas as que non puideron matricularse na universidade por mor do "tasazo" de Wert". 

A universidade sempre foi un lugar para a elite. Hai décadas, para a elite económica, que perpetuaba os seus privilexios garantindo que só eles tiñan a formación e os títulos precisos para garantir o exercicio das profesións de máis alto nivel. Logo, democratizado o acceso aos estudos superiores a todos os niveis económicos, a universidade puido cumprir a súa función de formación dos mellores, cando menos a un nivel teórico. Hoxe, coa barreira económica novamente resucitada, a universidade volve ser lugar de difícil acceso e de vado a quen non chegue a uns mínimos monetarios. 

A inxustiza desta realidade é tan evidente que non paga a pena esforzarse moito en argumentar por que é unha realidade intolerable. Non só queda fóra moita xente que desexa estudar, senón que dos excluídos, moitos deles poderían dar grandes médicos ou profesores ou o que quixesen ser. Pero non poden. Non teñen cartos para iniciar a súa carreira e teñen que acollerse, aínda que non sexa a súa vocación, a un proceso de ensino máis baixo que, independentemente de que lles permita gañar o día de mañá a vida, en calquera caso non era o que querían ser. 

"Hai xa sociólogos que falan dunha segunda "xeración perdida" (a primeira é a mocidade estragada pola droga nos 70 e 80 pasados)".

Hai xa sociólogos que falan dunha segunda "xeración perdida" (a primeira é a mocidade estragada pola droga nos 70 e 80 pasados). Milleiros de rapazas e rapaces que non só ven denegado o seu dereito a progresar nos estudos segundo o seu esforzo e vocación, senón que, ademais, ven como se lles obriga a coller o  tristeiro camiño da emigración. 

Agora, á nosa mocidade nin lle permitimos estudar nin traballar aquí. 

E logo cóntannos que todo está mellorando. 

Comentarios