Opinión

Vaia tropa

[Xesús M. Piñeiro]

 A extrema dereita portuguesa enfurrúñase coa extrema dereita española porque esta - pola que sinte admiración – sitúa nun mapa de nostalxia imperial Portugal como parte de España. O dos ‘fachos’ lusos cos ‘fachas’ hispanos é como aqueles ultras españolistas que foron a un encontro neonazi na Alemaña e acabaron pateados polos seus camaradas arios por  consideralos ‘moros’: “Estavos ben por parvos”, que dirían os vellos do país.

O proxecto da dereita (ultra ou non) de España non se distingue precisamente polo seu respecto polos pobos. Nin sequera, se me apuran, polo respecto ás persoas. E a esquerda cando tentou un proxecto alternativo de España fóiselle a man coa dose de España mais pouco se lle foi co de alternativo.

Hai voces na esquerda española que chaman agora a “disputar un españolismo diferente” contra o “centralismo” da dereita. E están en todo o seu dereito de facelo. Pode que lles saia ben (sería interesante saber que se entende por saír ben nun “españolismo diferente”) ou pode que non. 

Como diría Mariano Raxoi rememorando o conde de Romanones: “carallo, vaia tropa”

Comentarios