Opinión

O espazo Feixoo

[Xoán Costa]

Os inquéritos teñen sempre varias leituras. Os do CIS, ademais, van sempre acompañados de polémica culinaria. O derradeiro deles, canto á intención de voto na Galiza, deixa unha leitura clara: só as indecisas poden mover os marcos do espazo Feixoo. Fica claro no inquérito que hai un espazo Feixoo, reflexo da intención de voto mais que non ten por que ser espello do resultado eleitoral;  e hai outro espazo, o non Feixoo,  que representa unha maneira de ver Galiza e os seus problemas moi diferente ao anterior e que pode, ou non, corresponderse co escrutinio das votacións do día 12. A liña divisoria entre estes dous espazos é moi difusa, mesmo movediza. Socioloxicamente é o espazo da indecisión. A delimitación final das lindes dun e outro espazo depende máis de como os grupos do espazo non Feixoo consigan transmitir a necesidade dunha mudanza na presidencia da Xunta do que da capacidade de marcar as lindes do seu territorio do actual Presidente en funcións da Xunta de Galiza. Veremos como quedan os marcos.

Comentarios