Opinión

Un xabarín desesperado

O PPdeG é como os debuxos animados: continúa andando no baleiro aínda que xa non ten chan baixo os pés. Ideoloxicamente derrotado, só falta rematalo nas urnas. Non sabemos que sucederá o 18-F, pero si que algo removeu esta campaña na sociedade galega: a percepción do nacionalismo mellorou e a percepción do PPdeG empeorou. Un partido ao que lle sae a conta agachar o seu candidato nun debate televisado é un partido que non ten nada máis que ofrecer.

Coma o xabarín ferido, o PP aborda a recta final embestindo. Non estraña. Feijóo ten cara de Casado. Vaille a vida política na continuidade de Rueda. Por iso o comodín "Todo é ETA", como se o cidadán medio galego acabase de descubrir o BNG ao mesmo tempo que no barrio de Salamanca. Un recurso desesperado para conter a hemorraxia que di máis da debilidade do becho que da súa fortaleza.

Comentarios