Opinión

Unha Xunta ampliada

A saída en tromba de varios presidentes das confrarías de pescadores cargando contra a manifestación en defensa do mar é proba do fito que suporía sacar o PP da Xunta. Un partido que leva gobernando esa institución sen apenas parénteses acaba sendo algo máis ca un partido. É un sistema que se mimetiza coas institucións e que conta con terminais na sociedade civil en todos os recantos. Un Estado ampliado, en termos de Gramsci. Unha Xunta ampliada.

O primeiro obxectivo da oposición ten que ser, por forza, gañar as eleccións; o segundo, conseguir gobernar nunhas institucións copadas de técnicos afíns ao anterior Goberno; o terceiro, e o indicativo de que o novo Goberno poderá consolidarse, será rachar a organicidade do PP con moitos elementos operantes na sociedade civil. Un traballo tan inxente como necesario. E a verdadeira medida do cambio.

Comentarios