Opinión

Un remate en alto

No final dunha campaña trepidante, Rueda celebra o funeral do PPdeG convidando unha chulapa, non sabemos se para axudar aos seus ou para boicotealos. En Ayusilandia, Galiza está chea de "bosques de eucaliptos" e Vigo queda sen conexión co Porto. The fodechinchest.

Tamén o PSdeG trouxo a Pedro Sánchez a botar unhas canastras. Oxalá os socialistas encesten naquilo que máis cómpre: asegurar o voto que nas autonómicas se lles escapa á dereita.

De Sumar e Podemos pouco cabe esperar: apenas conxurarse para que os votantes demostren a intelixencia que lles faltou aos líderes.

Luís Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra, contou a historia do Patelo, un veciño, que, cando o chamaban polo alcume respondía: "Patelo hai que traballalo". Iso sábeno ben no BNG. Todo o que o nacionalismo é hoxe é froito de moito traballo. Pase o que pase o 18-F, o BNG deu un paso de xigante.

Comentarios