Opinión

Residencias e debates

Coa lembranza aínda recente da excepcional mortaldade nas residencias de anciáns durante a Covid-19 e da defensa pechada que o PP de Galiza fixo da directora de DomusVi en sede parlamentar, a caravana electoral do conglomerado PP-Xunta anda de xira polos centros de maiores co obxectivo de traballar un voto que representa, dada a nosa pirámide poboacional, unha tallada considerable.

A dereita gosta dese xeito escuro de facer as cousas. O diálogo entre os políticos e a cidadanía non debe ser aberto e público, senón pechado e cativo. Un intercambio de favores individualizado e arbitrario cun electorado dependente. Por iso o PP non quere saber nada de debates televisados fóra do ámbito controlado da TVG. Rueda é consciente de que se acudise a un cara a cara con Pontón e Besteiro en TVE non habería edición de vídeo suficiente para maquillar a inanidade.

Comentarios