Opinión

Onde está o PPdG?

Parafraseando a Ferrín, "podería chamar agora por Xosé Cuíña, porque entre os dous hai un río de tristísimo outono", pero hai tempo que no PPdG escasean as boinas e, as que quedan, dedícanse, coma o presidente da Deputación de Pontevedra, a repetir mantras coma o da imposición do galego en Rodeiro, en pleno Deza!

Mañá, día 15, en Vigo, haberá dous mitins que condensan cales son as grandes correntes políticas en liza no país, correntes que esta campaña esclareceu como nunca. No mitin do BNG, Ana Pontón falará de "Galicia, Galicia, Galicia". Á mesma hora, no mitin do PP, Isabel Ayuso –mentres Rueda serve os petiscos–  falará de "Madrid, Madrid, Madrid". Esa é a clivaxe destas eleccións. E nesa clivaxe Ana Pontón pode converter o Bloque nun Bloque-histórico. Unha ferramenta que transcenda o propio partido para representar a maioría popular dun país enteiro.

Comentarios