Opinión

O noso PRI

Despois de gobernar a república mexicana durante setenta anos, o PRI, esa maquinaria que semellaba eterna, acabou caendo; pero aínda aguantou en posicións de goberno ata o presente no Estado de México. Con certeza, ese Estado tamén debe ser caracterizado coma unha "illa de estabilidade" agora que a continuidade do PRI se ve ameazada por Morena.

O PPdeG é o noso PRI particular, e a pretendida Galiza na que nunca pasa nada, unha retagarda que a dereita española quere reter para recomporse. A confusión premeditada entre partido, Xunta, CRTVG e algúns medios privados actúa coma un conglomerado corrupto a costa do futuro dos galegos e galegas. O último exemplo: a proposta de debate da TVG. Un circo pensado unicamente para que Rueda non pinche. E a mostra evidente de que a concorrencia de Podemos e Sumar ás eleccións galegas foi unha mala idea.

Comentarios