Opinión

Os marcos rotos da campaña do PP

O PP pretendía encadrar a campaña con varios marcos pensados para os seus distintos electorados (e algún outro concibido para dividir e desmoralizar os electorados de BNG e PSdeG). Os marcos principais son:

1. Oasis de estabilidade (a necropaz galega).
2. Antisanchismo (as galegas como un episodio da guerra que libra o soldado Feijóo).
3. Cariños á extrema dereita (Me gusta la fruta).
4. PP vs. Multipartito (dar cancha a Sumar e Podemos e ás súas leas).

Mais, como diría un lacaniano, o Real irrompeu a través dunha marea de microplásticos que volveu deixar nus os campións da xestión. Todos os resortes da memoria do Prestige saltaron. E con eles saltou polos aires o encadre do PP. O día das eleccións, os pellets serán apenas iso: a creba dos marcos da campaña da dereita. Non é pouco. Cómpre agora colocar no centro os marcos da alternativa.

Comentarios