Opinión

Dúas visións

Na fin de semana, dúas manifestacións desafiaron unha das ideas forza da campaña do PPdeG: o país é un remanso sen contradicións. En Vigo, moitos saíron por Palestina e en Compostela, moitos máis, en defensa do mar e contra o desleixo gobernamental. Difícil mostrar máis clara a idea de que é posible estar coa cabeza no país sen deixar de estar no mundo, máxima histórica do soberanismo galego.

A fin de semana tamén acolleu outros actos cunha visión diferente. Sánchez e Feijóo desembarcaron para dicir que a galega é unha política de segundo nivel. Feijóo, situando o 18-F como un referendo sobre o 'sanchismo'. Sánchez, clausurando a convención do PSOE a medio gas no que respecta ás galegas: mete a Besteiro no comité federal pero anuncia unha medida sobre educación para todo o Estado, sen referencia específica a Galiza.

Comentarios