Opinión

Dúas Galizas

A crise dos pellets desbaratou o enfoque da precampaña de Rueda. A publicación da enquisa do CIS sobre a situación política no país supón outra volta de porca no esfarelamento da Matrix do PP. Os datos esmiuzados polo inquérito corroboran a existencia de dúas Galizas: a Galiza da enxeñaría electoral e os medios de comunicación secuestrados, que resta representatividade ao Parlamento e promove a liquidación do autogoberno, e a Galiza con autoestima, maioritaria socialmente, farta do baleirado político das súas institucións e da liquidación dos servizos públicos.

Esta dislocación entre o real e o oficial leva conducindo o país á decadencia e á irrelevancia desde hai anos. Que Ana Pontón supere claramente a Rueda na valoración de líderes indica que a sociedade galega máis dinámica está conseguindo trasladar a idea de que chegou o momento de tomar as rendas.

Comentarios