Opinión

Debates

En toda campaña electoral xorde a cuestión dos debates. Alá onde non se parte de que os debates políticos son un dereito da xente e non unha concesión, comeza un regateo no que o partido gobernante trata de facer control de danos. O PP propuxo a celebración dun único debate que intensificase a sensación de totum revolutum no flanco esquerdo e que desdebuxase o papel de Ana Pontón como alternativa.

Cabe dicir en favor de Rueda que hai debates que si acolle cos brazos abertos. Acudiu o candidato popular ao desembarco en Galiza de, El Debate, medio que dirixe  Bieito Rubido. Rubido foi un dos artífices do milagre, glosaso por Anxo Lugilde, de que a CRTVG sexa "o ABC falado". Coa chegada do dixital da Asociación Católica de Propagandistas (sic), a ayusización da política galega dá un novo paso co entusiasmo de Rueda.

Comentarios