Opinión

Corpo a terra

Corpo a terra... que veñen os nosos! Algo así debe estar a pensar Feijóo neste momento. E por extensión Rueda: cada paso en falso do primeiro en Madrid desestabiliza a campaña do segundo –carente, desde o inicio, de calquera tipo de autonomía–.  

A cuestión da negociación con Junts ameaza con estourar conforme se achega a data de votación en Galiza. O panfleto de Little-Caracas aumenta o cerco, e os populares, malia "controlar o Estado", deben estar nesta hora rezando para que Puigdemont non filtre algún Expediente X a horas de votarse. En tempos de internet xa non existen os compartimentos estancos. Por iso imitar a avestruz como fai Rueda cos debates televisados é vivir nunha ilusión de control propia do pasado. Entrementres Puigdemont cala, Rueda aguanta a respiración. Tic tac, tic tac. As explosións de fogo amigo son as peores.

Comentarios