Opinión

Unha clivaxe fundamental

"Unha maioría de españois quere vivir sentindo que a vida é unha aventura, é risco, é azar". Esta alegación de fondo social-darwinista, trufado de loas a Milei, foi pronunciada pola líder de facto do PP, Isabel Ayuso, no aquelarre do domingo en Madrid. Alfonso Rueda, por máis que ese día puxese o traxe de peregrino, sitúase, na contraposición ayusista entre "liberdade e amnistía" (eufemismo de "madrileñismo vs. plurinacionalidade"), do lado de quen procura a centralización política e económica en Madrid e aposta polo modelo privatizador do arxentino. Nada queda de galeguismo e de democracia cristiá no PPdeG.

E o resto de opcións non atende á importancia da clivaxe centro-periferia no Estado. Só o soberanismo representa unha alternativa para Galiza, comunitarista e socialmente cohesionadora, fronte á onda privatizadora, individualista e cruel do españolismo.

Comentarios