Opinión

Axentes pasivos ou activos?

O PPdG espalla nas redes intervencións de líderes autonómicos describindo como "se ve desde fóra" a Rueda. Di moito do papel subalterno que reservan ao pobo galego que o método para reforzar a imaxe do candidato consista en reducirnos a consumidores de opinións alleas.

De primeiro de colonialismo mental é tamén o último spot do PPdG. Un pastiche daquel inefable "Desde Galicia para el mundo", onde o país é decorado sentimental, paraíso estancado no tempo a disposición de visitantes que foxen dos lugares onde suceden cousas. "Galicia non para"? A Galiza do PP é unha realidade estática!

Á inversa, Ana Pontón está utilizando con intelixencia a presenza fóra do país para sortear a mordaza mediática interna e dicirlle aos galegos: sede o que queirades ser, non o que queren que sexades. A mínima consideración que merece unha cidadanía con axencia política.

Comentarios