Opinión

Xuntos e capaces

É insólito comprobar como o PP de Galicia, con todo a favor a dous meses da campaña electoral, non fixo máis que errar o tiro. Tras a crise dos pellets e o fracaso no debate da CRTVG, o equipo de Alfonso Rueda pensou que a súa ausencia en todas as comparecencias faría esquecer o desastre. E pensou que a oposición, sen ninguén a quen lerlle a cartilla no encontro de RTVE, se esnaquizaría a si mesma. De novo, equivocáronse.

Cun ton repousado, expoñendo propostas con claridade e poñendo o foco no común, Pontón e Besteiro amosaron ante un 17,4% de cota de pantalla que, malia a demonización do “multipartito” axitada polos populares, son capaces de unirse polo importante. Capaces, como o persoal de Defende a galega, que rema unido dende hai 300 semanas. Unións eficaces ante un Rueda que fixo soar o “xuntos, máis fortes” e pasou a campaña fuxindo.

Comentarios