Opinión

A verdade no disfrace

O Entroido colleu de pleno a recta final da campaña e non lle pasou desapercibida a política galega. Abundaron –en detrimento de ducias de carteis electorais– caretas de Rueda e de Ana Pontón “presidenta” e nos partidos tampouco quixeron quedar atrás na exhibición do espírito entroideiro.

Alfonso Rueda disfrazouse do mago Gandalf, un evidentísimo ‘O Gris’ que algunhas persoas identificaron co carácter do popular. Pontón apareceu en Verín co capuchón, prenda propia do pobo, e en Xinzo cun traxe de vaqueira. Non sabemos se se ataviou o candidato de Democracia Ourensana, pero si Jácome, quen se vestiu cos nada desapercibidos traxes de Superman ou Power Ranger (amarelo) e tamén de astronauta, quizais porque non lle chega este mundo, ou a alcaldía de Ourense. A Besteiro non o vimos con nada distinto do seu vestir habitual. Moita verdade no disfrace.

Comentarios