Opinión

Render contas

A hemeroteca permítenos constatar que, despois de case 15 anos de xestión, aquel “contrato con Galicia” que Feijóo presentara en 2009 fai augas. Querían acabar co paro e encabezamos en 2010 o incremento do desemprego. Prometeron “consenso” na lingua e puxeron o galego en perigo. Lonxe de conseguir unha sanidade “con garantías”, engrosaron as listas de espera. E agora o PP presenta propostas idénticas ás de hai catro anos que non foi capaz de sacar adiante.

Fala vostede coma se non fose o presidente da Xunta”, afeáballe Ana Pontón a Alfonso Rueda no debate da CRTVG. A líder da oposición dáballe ao presidente onde máis lle doe. Esquivando debates, evitando comparecencias, citando a ETA e a amnistía ou enredando coa Xunta Electoral, Rueda resístese a render contas ante a poboación galega. O único que valida a un líder sen marxe de dúbida.

Comentarios