Opinión

'Pelas' e pellets

A crise dos pellets promete ocupar un lugar destacado na campaña, pero non na do PP de Galicia. Na casa dos de Alfonso Rueda aseguráronse de darlle carpetazo ao asunto coa "matrícula de honra" auto-outorgada pola conselleira de Medio Ambiente á xestión do microplástico. Hai quen afirma mesmo que xa non hai pellets, que é como dicir que non hai toneladas de plástico no mundo nin barcos que seguirán deixando estelas de sacos brancos no mar.

Se a carreira cara á Xunta prometía estar regada de pellets, Rueda vaina regar de pelas. Despois de anos negándose a facelo, como si pedían BNG e PSdeG, o presidente da Xunta promete agora a gratuidade da primeira matrícula universitaria. O mesmo PP que segue de costas a unha universidade galega de calidade, con máis recursos e un futuro que non teña que marchar buscar as pelas a outro sitio.

Comentarios