Opinión

O camiño longo

Como acontece cos investimentos, os programas electorais adoitan ter unha visión curtopracista. Pode parecer que aspirar a unha lexislatura é aspirar abondo, mais os grandes cambios para Galicia requiren dun horizonte amplo. Penso en plans como o tren, aos que adoita destinarse un orzamento concreto, lonxe de aspirar a unha estrutura ambiciosa que nos conecte, por exemplo, con Portugal (ou, loucuras que se me ocorren, con Lugo).

Feijóo presentou un decálogo para Galicia ás portas daquelas eleccións nas que se fixo por primeira vez coa Xunta. 14 anos despois, pasou tempo abondo para que poidamos revisar aqueles puntos e constatar as promesas cumpridas e incumpridas. Agora é Ana Pontón quen presenta os 10 compromisos do BNG para "unha Galiza en grande". O Bloque tamén entende que para unha relación duradeira cómpre escoller o camiño longo.

Comentarios