Opinión

Non depende

Sanidade e política social son cabalos de batalla de BNG e PSdeG para arrebatarlle a Xunta a Rueda. Xa foi así ao longo de todas as lexislaturas do PP. Tratan de poñer no centro os problemas que sobrecargan corredores, cuartos, camas e as costas de boa parte da poboación galega. Saben que nese ecosistema medran as críticas dentro e fóra: persoal saturado, escaseza de recursos, falta de prazas, privatización, meses de espera, o malestar das persoas doentes e a precariedade, as renuncias e as crebaduras de quen as coida.

Dende as Consellerías sinalouse ultimamente o Goberno do Estado, como se as competencias autonómicas estivesen en Madrid. Como estratexia, vai collida con pinzas. De quen dependen a dependencia e a sanidade non debería de admitir ningún 'depende' como resposta. Contrariamente ao clixé, é, de feito, o menos galego posible.

Comentarios