Opinión

Hai partido

Despois da mingua da atención mediática sobre a crise dos pellets, a enquisa do CIS veu aportar un chisco de necesaria emoción ás eleccións galegas. Para unhas persoas é a emoción da incerteza, para outras, a dun cambio ilusionante e, para algunhas, a do esprinte para tratar de salvar os mobles.

O PP de Galicia aferrouse rapidamente a esta última emoción e Rueda evitou facer valoracións ante a prensa sobre a sondaxe que sitúa a súa maioría absoluta en zona de perigo. A estratexia do presidente da Xunta foi quitarlle ferro ao asunto sinalando que os datos din "o que o Goberno –do Estado– quere que diga". Neste tempo de non poucos procesos electorais, o CIS tense equivocado e ten acertado, sendo tamén o único portador do boleto demoscópico gañador. Con acerto ou emoción, xa é unha realidade incontestable que na carreira cara ao 18-F hai partido.

Comentarios