Opinión

Dignidade

Tres integrantes da directiva da CRTVG declaran hoxe polas acusacións de acoso e vulneración de dereitos laborais dunha xornalista. Non é a primeira vez que acontece, e a Xustiza, sábeno, xa se inclinou anteriormente do lado das profesionais.

Hai moito tempo que identificamos o persoal mobilizado da CRTVG na plataforma Defende a Galega coa dignidade. Concretamente 297 venres, case 300, camiño de seis anos de reivindicacións que lles valeron o Premio Couso á Liberdade de Prensa e numerosos apoios.

Hoxe a dignidade do xornalismo galego volve sentar alguén no banco, xusto en plena polémica polos debates electorais, cun presidente da Xunta que só confirmou a súa asistencia ao encontro organizado pola Televisión de Galicia. 

Esa que fixeron súa, malia ser de todas. A mesma que, por norma ou por lei, merece poder contar a súa propia historia.

Comentarios