Opinión

O ritmo da orquestra (1 de 3)

Capítulo 1. O ritmo

O vento non ten dentes, porque, se o vento tivese dentes, amosaríaos.

Capítulo 2. O ritmo dos imbéciles

A soberanía é moi aburrida. Pertenza a quen lle pertenza. Aburrida.

Capítulo 3. O ritmo decae

Se a calor tivese patria, sería unha patria ben cativa.

Capítulo 1. O ritmo

O vento non ten dentes, porque, se o vento tivese dentes, amosaríaos.

Capítulo 2. O ritmo dos imbéciles

A soberanía é moi aburrida. Pertenza a quen lle pertenza. Aburrida.

Capítulo 3. O ritmo decae

Se a calor tivese patria, sería unha patria ben cativa.

Capítulo 4. O ritmo ti-ti-ti

A Constitución Hespañola é a cadea.

Capítulo 5. O ritmo ta-ta-ta

Galicia non molou nunca. Galiza, tampouco.

Capítulo 6. O ritmo era a melodía

Festas católicas con músicos que copian a música doutros músicos que copian a súa música é a mellor definición do que pode chegar a ser este país.

Capítulo 7. O ritmo non ten referentes

A esquerda parlamentaria e mais unha cativa andaluza contando chistes pola radio vén sendo o mesmo.

Capítulo 8. El ritmo, chorbo

Despois do elemento MADRILEÑOS, o peor que che pode tocar ao lado na praia é o elemento CORUNENOS.

Capítulo 9. O ritmo do mellor dos mundos

No mellor dos mundos, non existiriamos.

Capítulo 10. O ritmo infalible

Decidimos non reinar.

Capítulo 11. O ritmo imposible

O principal problema do rock estatal e do rock bravú é que existan/existisen/insistirán.

Capítulo 12. O ritmo do despacho triste de Don Draper

Todo debería ser anarquista, sexual e necrófilo. A revolución será anarquista, sexual e necrófila.

Comentarios