Opinión

Igrexa católica e revolución bolivariana. É Chávez cristián?

Nunha das primeiras entrevistas que mantiveron Fidel Castro e Hugo Chávez, o cubano preguntoulle ao venezolano que era iso do bolivarianismo. Chávez explicoulle a súa idea da revolución na asignación de dereitos para o pobo, da democracia participativa e protagónica, etc, etc. Castro retrucoulle: «aquí a iso chamámoslle socialismo, pero se lle chamases cristianismo serviríame tamén».

Nunha das primeiras entrevistas que mantiveron Fidel Castro e Hugo Chávez, o cubano preguntoulle ao venezolano que era iso do bolivarianismo. Chávez explicoulle a súa idea da revolución na asignación de dereitos para o pobo, da democracia participativa e protagónica, etc, etc. Castro retrucoulle: «aquí a iso chamámoslle socialismo, pero se lle chamases cristianismo serviríame tamén».

Octavio Paz, no Laberinto de la soledad, relataba o arrepío que sentían os mexicanos (e todos os latinoamericanos crentes ou non) cando os españois blasfemaban, algo inpensábel en Latinoamérica. Paz alegaba que a diferenza entre españois (blasfemos) e latinoamericanos (non-blasfemos) radicaba en que os primeiros vían a relixión católica coma unha leira da súa propiedade, que podían pór en barbeito, queimar ou coidar segundo lles petase e os segundos, inconscientemente, como algo imposto polas armas da conquista e, por tanto, respectábel ante o medo a ser castigado.

O depósito espiritual, polo número e calidade dos crentes, da Igrexa católica é Latinoamérica, pero hai xa moitos anos que en Latinoamérica convive unha Igrexa oficial baixo as ordes directas do Vaticano, representada pola xerarquía eclesiástica en permanente alianza co poder económico e político, e unha Igrexa mergullada na medula do pobo latinoamericano, que participou en gobernos revolucionarios coma os dos sandinistas en Nicaragua, no Paraguai ou na formación da Teoloxía da Liberación.

Non é casualidade que a Teoloxía da Liberación, teoloxía que propuxo como principal mensaxe de Cristo a opción polos pobresi, nacese no espazo con maiores desigualdades sociais do mundo,.

Durante séculos América Latina non tivo teoloxía propia: importaba a teoloxía desenvolta en Europa. A «súa» teoloxía era daquela reflexo da europea, nun contexto en que esa teoloxía non tiña nada que propor. Era unha máis das «importacións» que Latinoamérica facía do norte rico, unha construción allea como as súas clases dirixentes perpetuadas no poder. Mesmo os representantes oficiais da Igrexa eran todos europeos e falaban español de España.

O choque coa realidade latinoamericana trouxo a «conversión» de moitos relixiosos europeos, que decidiron entrar na loita armada ante a realidade inxusta das que eran testemuñas; velaí o xesuíta galego Francisco Hoyos, asasinado en Guatemala polo exército, o aragonés Gregorio Manuel Pérez Martínez, responsábel político do ELN en Colombia ou Ignacio Ellacuría, Jon Sobrino, Jon Cortina, Ignacio Martín-Baró, Pere Casaldáliga, Pedro Trigo ou o sacerdote belga dúas veces expulsado de Venezuela polo goberno de Rafael Caldera, Franz Wuytack e moitos outros europeos.

O Cristo de Chávez e o «Cristo» da CIA

A división tan marcada da Igrexa católica en Latinoamérica e a progresiva perda de peso da Igrexa «oficial» (a dos bispos e a alta xerarquía) a favor da Igrexa católica da teoloxía da liberación, cun carácter politicamente progresista, fixo saltar as alarmas de Estados Unidos que, desde os anos 70, utilizando a CIA, empezou unha masiva campaña reevanxelizadora a través de seitas protestantes, preocupadas só do espiritual e cun estrito rexeitamento do político ou social, nun intento de neutralizar a progresiva influencia que a Teoloxía da Liberación ía adquirindo.

En Venezuela, baixo o nome de Nuevas Tribus, foron expulsadas polo goberno bolivariano revolucionario algunhas seitas protestantes controladas pola CIA. Previamente foran expulsadas de moitos outros sitios de Latinoamérica.

Achegarse hoxe a calquera seminario relixioso venezolano é coñecer centos de mozos, todos do interior do país, dos estratos máis humildes da sociedade venezolana. É precisamente do interior da República, esquecida e abandonadaii durante anos, onde reside o pulmón, o corazón e as vísceras da revolución chavista, dos desposuídos de todo que non contan para a oposición nin para facer marchas antichavistas. Eses 20 millóns de venezolanos son os que manteñen a revolución viva.

 
O golpe de Estado contra Chávez, o 11 de abril 2002, reflicte esa loita entre a Venezuela que foi (IV República) e a Venezuela Bolivariana en camiño ao socialismo, na que participan, enfrontados e tomando parte por cada bando ás dúas Igrexas católicas que conviven en Venezuela.

O goberno de facto que sucedería a Chávez ía estar composto por un triunvirato formado polo empresario Pedro Carmona Estanga, o sindicalista Carlos Ortega e o comandante do Exército, xeneral Efraín Vásquez Velasco. O militar negouse e os golpistas convidaron o cardeal Ignacio Velasco a participar no seu lugar. Velasco rexeitou o convite alegando as restricións que puña o Vaticano aos membros do clero para a participación na política. Ao final decidiron que asumira o goberno Pedro Carmona e o decreto de golpe de Estado contou coa participación do propio cardeal Ignacio Velasco e do xesuíta Mikel de Viana, hoxe autoexiliado e profesor na Universidade de Deusto en Bilbao.

O presidente Chávez, secuestrado na illa La Orchila, logrou enviar un fax manuscrito desde a base naval de Turiamo en que sinalou que nunca renunciara á presidencia, tal como aseguraban os golpistas.

Ante o inminente baño de sangue debido á saída do pobo venezolano á rúa, os golpistas envían ao cardeal Ignacio Velasco para tentar un acordo favorábel aos seus intereses, en principio a sinatura da súa renuncia, ou unha volta de Chávez ao poder e a fuxida sen represaliasiii de todos os participantes no golpe.

A primeira mensaxe televisada, antes da chegada de Chávez a Caracas, no ámbito estatal pola recuperada cadea de televisión estatal Venezolana de Televisión (VTV) foi do sacerdote catalán Juan Vives Suriá (1924-2004), un dos principais relixiosos católicos comprometidos coa revolución bolivariana, unha proba máis desa división na Igrexa venezolana e da participación activa dunha parte dela na transformación revolucionaria do país.

Acho que Chávez é cristián, pero ao xeito de Fidel.

Comentarios