Opinión

Hugo Chavez Frias e as preferentes

A publicación por parte de El Pais dunha foto falsa de Hugo Chavez é unha mostra mais da antipatía dos mass medias españois contra o líder da revolución bolivariana, todos eles están defendendo os intereses das grandes multinacionais españolas en América Latina. As cousas serían doutro xeito en Galiza, si contáramos cun Presidente preocupado por gobernar para a maioría social.

A publicación por parte de El Pais dunha foto falsa de Hugo Chavez é unha mostra mais da antipatía dos mass medias españois contra o líder da revolución bolivariana, todos eles están defendendo os intereses das grandes multinacionais españolas en América Latina. As cousas serían doutro xeito en Galiza, si contáramos cun Presidente preocupado por gobernar para a maioría social.

Unha das imaxes que mais repetiron os medios de comunicación españois, co fin de ridiculizar e caricaturizar a Hugo Chavez, foi cando dende o programa “Alo Presidente”, chamou directamente ao Presidente da filial do BBVA en Venezuela, anunciando que o banco sería expropiado si non cesaba nas súas practicas antisociais. (http://www.abc.es/20110126/economia/abci-chavez-bbva-201101261836.html).

Fai exactamente un ano, o 30 de xaneiro do 2012 Hugo Chavez lanzou unha nova advertencia aos banqueiros, anunciando a posible expropiación de bancos privados. Non sería a primeira vez, en Venezuela hai banca pública, despois da expropiación do Santander que tanto molestou ao Grupo Prisa.

"En Venezuela hai banca pública, despois da expropiación do Santander que tanto molestou ao Grupo Prisa"

Este xeito de gobernar contrasta coas decisións por parte dos Gobernos (im)populares de Madrid e San Caetano. Non só non defenden á cidadanía, si non que chegan a prohibir a entrada no Parlamento Galego despois das protestas da clientela afectada pola débeda subordinada, non defenden a maioría social e aínda por riba a criminalizan. E aínda por riba aquí convertese débeda privada da banca en débeda pública socializando perdas e privatizando os futuros beneficios.

Podería dicir Feijoo, que el non ten un programa de televisión como Chavez, pero el ten unha cadea enteira ao seu servizo así coma radios e xornais ben pagados. E mira por onde e por mais que o intento resulta imposible imaxinarme a Feijoo chamando a José María Castellano dende o Telexornal para advertilo de que ou soluciona o problema das preferentes ou expropia o banco.

Que diferenza de políticas: un Presidente de esquerdas defende ao pobo e ameza con expropiar os bancos privados para poñelos ao servizo da sociedade; outros Presidentes, todos de dereitas, expropian caixas Baixo control público para entregarllos aos banqueiros, expropiando de paso o aforro de moitos galegos e galegas e despedindo a milleiros de bancarios e bancarias.

Agardo a pronta recuperación de Hugo Chavez, e arelo que o mesmo que en Venezuela trunfou unha revolución bolivariana, no meu país, Galiza, trunfe unha revolución inspirada polos principios sociais e nacionais de Alfonso Rodriguez Castelao. Fronte a corrupción actual non cabe outra vía.

Comentarios