Opinión

A autodeterminación, ao Congreso

Fan ben as forzas soberanistas ao formular un pulso ao unionismo no Congreso. As forzas unionistas están hoxe instaladas nun xordo guerracivilismo no seo do PSOE e nunha aberta conflagración no seo do PP.  No PSOE non hai forma de conciliar a alma catalá coa andaluza.

Fan ben as forzas soberanistas ao formular un pulso ao unionismo no Congreso. As forzas unionistas están hoxe instaladas nun xordo guerracivilismo no seo do PSOE e nunha aberta conflagración no seo do PP.  No PSOE non hai forma de conciliar a alma catalá coa andaluza. No PP, Esperanza Aguirre quer disputar ao UPyD a palabra de orde "España, para os españois", mentres Rajoy aínda non renuncia a un acordo tácito ou mesmo explícito coa sección da burguesía catalá que representa Duran i Lleida. Mas o balbordo, que é real, non debe cegarnos: no que ten a ver coa cuestión nacional, tan unionista é o PSOE como o PP.

En política é fundamental levar sempre a iniciativa

Acabo de ler o texto da proposición de lei conxunta apresentada en Madrid polas forzas soberanistas de Euskal Herria, Catalunya e Galiza -Amaiur, ERC e BNG. Paréceme unha peza política espléndida. Moi didáctica, moi ben redixida, moi ben documentada. Dificilmente atacábel do ponto de vista democrático. Promete o debate na cámara española.

En política é fundamental levar sempre a iniciativa. O españolismo ten a maioría absolutísima na cámara, mas o debate en si mesmo é a esencia da política, o contraste, a dialéctica entre contrarios. Acertan, portanto, BNG, Amaiur e ERC cando levan a autodeterminación ao Congreso e acertan duplamente cando o fan de forma conxunta, irmanada.

Galiza, Euskal Herria e Catalunya precisan da política para deixaren de ser canto antes o que hoxe son, nacións sen Estado.

Comentarios