O Sergas leva cinco anos pagando de menos ao persoal interno residente: este é o motivo

A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) recoñeceu que o persoal interno residente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) debe cobrar o mesmo salario base que persoal empregados e as empregadas públicos que traballan nos centros e institucións sanitarias que sexan do mesmo grupo profesional.
Unha consulta médica (Foto: Europa Press).
photo_camera Unha consulta médica (Foto: Europa Press).

A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) recoñeceu que o persoal interno residente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) debe cobrar o mesmo salario base que persoal empregados e as empregadas públicos que traballan nos centros e institucións sanitarias que sexan do mesmo grupo profesional.

A sentenza sinala que este "conflito colectivo" é aplicábel aos colectivos de medicina, enfermaría, farmacoloxía, bioloxía, psicoloxía e química que teñen unha relación laboral especial de residencia para a formación co Sergas.

Desta forma, recolle que a decisión do Sergas de "non recoñecer nin abonar" nos últimos cinco anos ao persoal interno residente en formación nos centros de saúde e hospitais o salario equivalente ao soldo base recoñecido ao persoal estatutario co mesmo título universitario "non é conforme a dereito".

Por iso, o persoal do Sergas afectado por este conflito colectivo ten dereito a percibir, en concepto de salario, a mesma contía que percibe, en concepto de soldo base, os empregados e as empregadas públicas do mesmo grupo profesional.

"Non existe razón xurídica"

Neste sentido, apuntou que "non existe razón xurídica" que permita sustentar que a contía do soldo do persoal residente vinculado ao Sergas "pode ser diferente" á contía do salario base do persoal estatutario, "como así veu acontecendo nos anos 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023".

Contra a esta resolución do alto tribunal galego as partes poderán interpor recursos de casación ante o Tribunal Supremo.

Comentarios