Os traballadores de Alcoa retoman as protestas

Barricadas e cortes de tráfico.
alcoa protesta
photo_camera (GIG Alcoa)

Desde primeiras horas da mañá desta terza feira traballadores de Alcoa retomaron as protestas contra a decisión da empresa de despedir máis de 530 empregados en San Cibrao. Volveron as barricadas, con pneumáticos ardendo e vallas, a cortar o tráfico, desta vez en diferentes puntos, como a estrada de acceso ao complexo de San Cibrao. 

Ao longo da mañá, por voolta de 2.000 persoas tomaron parte nunha 'rota' por diferentes puntos do concello de Cervo para demandar solucións para Alcoa que pasden polo mantemento dos postos de traballo e a actividade.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao apontaba esta segunda feira que preparaba máis protestas "sorpresivas e espectaculares" para os próximos días, despois da mobilización con miles de persoas do pasado domingo na que cortaron a autovía A-8 coa queima de pneumáticos.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explica a Europa Press que seguirán "facendo accións cada vez máis fortes e contundentes". O obxectivo é deixar claro "o problema que xeraría o peche" da planta.

"Temos a toda unha comarca e unha provincia loitando de xeito conxunto", remarca, logo de recibir o domingo o apoio de "máis de 8.000 persoas".

Comentarios