sábado 04/12/21

O novo ERE do Santander implicaría o feche de 34% das súas oficinas na Galiza

“Moitos concellos van quedar sen servizos tan importantes como o financeiro”, advirten desde a CIG.

Concetración Banco santander ERE
Concentración de persoal diante dunha oficina do Santander (Foto: CIG-Banca)

A Federación de Banca da CIG desenvolveu esta terza feira unha xornada de protestas en Pontevedra e na Coruña para rexeitar o ERE no Banco Santander, que afirman que suporá unha redución do cadro de persoal de máis de 5.000 traballadores e traballadoras no conxunto do Estado.

As concentracións realizáronse diante de varias oficinas da entidade nestas cidades, aproveitándose ademais para informar a clientela das consecuencias que terán estes despedimentos sobre os servizos e a atención en caixa.

O número de peches previstos en Galiza con este novo ERE sería,s egundo a central nacionalista, de 79 oficinas, o que representa 33,76% da rede actual. “Peches dos que non se sabe aínda onde se producirán, aínda que segundo os seus cálculos afectarán unhas 32 oficinas na Coruña, 17 en Lugo, 9 en Ourense e 23 en Pontevedra”.

No ano 2017, cando o Santander comprou por un euro os bancos Popular e Pastor, había na Galiza 415 oficinas: 207 do Pastor, 171 do Santander e 37 do Popular. Cos procesos de fusión, en novembro de 2020 só quedaban 234 oficinas

Segundo explicou a secretaria nacional da CIG-Banca, Sefi Romero, lembra que o Santander xa aplicou un ERE o ano pasado que finalizou o 31 de marzo deste ano. A esa altura o cadro de persoal da entidade era de 1.806 persoas en Galiza. Con respecto a 2018 isto supuxo unha redución de 304. Desde aquela aínda se reduciu máis o cadro de persoal por medio de despedimentos e prexubilacións, quedando en 1,776 persoas, informa.

Ao mesmo tempo, alertou do importante impacto que vai ter este novo ERE na clientela. “Moitos municipios van quedar sen servizos tan importantes como o financeiro. O Santander escúsase en que hai unha grande dixitalización entre a clientela, cando sabemos que é unha dixitalización forzada. Ao banco non lle interesa ter a súa clientela nas oficinas e deriva todo á banca online”.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Asegura que a entidade aproveitou ademais a pandemia para afondar aínda máis esa dixitalización forzada e alertou da “dependencia que isto vai provocar en moitas persoas que non son capaces de entender como funciona a banca dixital e que terán que recorrer á súa familia ou ben a asociacións de axuda”. Unha dependencia na que inflúe tamén que moita xente non teña non xa os coñecementos necesarios para manexarse online, senón mesmo ordenador, internet ou teléfono móbil.

Neste senso, sinalou que no ano 2017, cando o Santander comprou por un euro os bancos Popular e Pastor, había na Galiza 415 oficinas. Cos procesos de fusión, en novembro de 2020 só quedaban 234 oficinas.

A este respecto, Freire criticou a hipocrisía da presidenta do Santander, Ana Patricia Botín, quen nunha intervención ante membros da patronal española, aseguraba que desta crise só se pode saír mantendo o emprego "e uns meses despois o banco vai despedir a máis de 5000 empregadas e empregados. Unha vez máis, o custe da crise ímolo pagar a clase traballadora".

O novo ERE do Santander implicaría o feche de 34% das súas oficinas na Galiza
comentarios