O Banco Santander compra o Popular-Pastor

Pagará só un euro ao se facer cargo dun banco carregado de débedas. 

Banco popular pastor CIg
photo_camera Mobilización das e dos traballadores do Pastor

Finalmente será o Banco Santander e non o Sabadell, como se especulaba, o que finalmente se fai coa propiedade do Banco Popular, a entidade en que está subsumido o antigo Banco Pastor. Os accionistas do Banco Popular perderán 100 por cen do seu investimento na entidade. 

A adquisición do Banco Popular ten lugar após a subasta realizada polo Fondo Único de Resolución (FUR) europeo e o FROB español en que o Banco Santander foi seleccionada como entidade adxudicataria e paga un euro de valor simbólico

O Popular-Pastor é a segunda entidade en depósitos da Galiza, posúe por volta de 20 por cento da cota de mercado. A compra implicará con total seguridade duplicidade de oficinas en moitos pontos da Galiza, o cal preanuncia despedimentos. De feito, este escenario era un dos máis temidos polo cadro de persoal do Pastor. 

A idea do Santander é ir a unha ampliación de capital por volta dos 7.000 millóns de euros. A Comisión Europea aprobou esta mesma cuarta feira, 7 de xuño, a resolución do Banco Popular, que inclúe a súa venda a Banco Santander por un euro, ao tempo que salientou que é "o mellor modo de proceder para asegurar a continuidade das funcións importantes" da entidade e para "evitar efectos adversos significativos na estabilidade financeira".

Comentarios