A Galiza é a cuarta autonomía na que máis aumentou o número de persoas paradas no mes de setembro

O desemprego aumentou na Galiza 1,55%, case tres veces máis que no Estado español.
Oficina do SEPE, imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
photo_camera Oficina do SEPE, imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)

O Ministerio de Traballo deu a coñecer esta terza feira os datos de paro rexistrado durante o mes de setembro. Unhas cifras que deixan a Galiza como a cuarta autonomía na que máis aumentou o número de persoas paradas nos últimos 30 días.

En concreto, o paro subiu en 2.197 persoas durante setembro na Galiza. Só Andalucía (6.788), Catalunya (3.373) e Asturias (2.565) contabilizaron máis persoas paradas o pasado mes.

Con respecto a agosto, o paro aumentou na Galiza 1,55% -máis do dobre que no conxunto do Estado español-, até as 144.109 persoas en réxime de desemprego.

En canto á variación anual do paro, o país rexistra 8.945 paradas e parados menos que en setembro de 2021, o que supón un descenso de 5,84% no número de persoas desempregadas.

Datos estatais

No conxunto do Estado español, o número de persoas paradas rexistradas nas Oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ao finalizar setembro ascendeu até 17.679, un aumento de 0,6% con respecto a agosto.

En total, o paro incrementouse no Estado español até as 2.941.919 persoas. É o dato de desempregados e desempregadas máis baixo desde 2008.

comentarios