Falece un operario en Ponteceso e outro resulta ferido ao caer dun tellado no cal traballaban

Segundo informou o 112, os dous traballadores traballaban no tellado cando tivo lugar o accidente. Precipitáronse desde o tellado que arranxaban no lugar de Vilasuso, en Tallo, Ponteceso.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
photo_camera Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).

Un operario faleceu esta terza feira no municipio de Ponteceso (comarca de Bergantiños) e outro resultou ferido grave tras precipitarse desde un tellado no cal traballaban.

Segundo informou o 112, os dous traballadores traballaban no tellado cando tivo lugar o accidente. Precipitáronse desde o tellado que arranxaban no lugar de Vilasuso, en Tallo.

Así o comunicou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 ao 112 Galiza cando contactaron cos xestores de emerxencias para informar do suceso.

Indicaban que unha ambulancia xa se desprazaba cara ao punto. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida a un dos operarios.

Desde o 112 puxéronse os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Accidente laboral no Irixo

Por outra parte, outro operario resultou ferido no Irixo. O 112 Galiza tivo constancia ao redor das 13 horas a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 do accidente. Neste caso tratouse dun operario que caeu desde altura nunha casa da parroquia de Dadín.

Desde o CIAE-112 Galiza informouse ao GES de Avión e á Garda Civil. Pola súa parte, os servizos sanitarios mobilizaron os seus profesionais a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Comentarios