Descende o paro e aumenta a ocupación, segundo a EPA

Os dados relativos ao segundo trimestre do ano rexistran un descendo do número de persoas desempregadas do 8,43% respecto ao período anterior e do 11,20% en relación ao ano pasado.

Esta quinta feira (23 de xullo) fixéronse públicos os resultados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre do ano. Neste senso, na Galiza rexistrouse un notábel descenso do número de persoas desempregadas sendo que 23.200 (o 8,43%) saíron do paro a respeito do trimestre anterior. 

Así pois, a cifra de persoas desempregadas sitúase en 252.500, o 11,20% (31.900) menos que no mesmo período do ano anterior. 

A taxa de ocupación é de 53,49% cun total de 1.009,9 persoas ocupadas, 22.400 máis que no primeiro trimestre e 18.400 a respeito do pasado ano (1,85%). 

No conxunto do Estado español os resultados da EPA rexistran unha caída do desemprego de 295.600 persoas, o 5,4%. Así pois o número de persoas paradas sitúase en 5.149.000. 

Comentarios