A contratación para as rebaixas cae entre un 5 e un 10% en relación a 2019

Unha empresa de recursos humanos fixo un estudo no que chega a estas estimacións, que están afectadas polas festa do Nadal e o temor a unha terceira onda do coronavirus

 

Una campaña de rebaixas pasada. (Foto: Europa Press)
photo_camera Una campaña de rebaixas pasada. (Foto: Europa Press)

A situación actual de inestabilidade, os gastos de Nadal e o medo a unha terceira onda da pandemia afectará á contratación de persoal para atender á clientela na campaña das rebaixas que moitas persoas aínda agardan até esta semana, se ben as épocas de descontos están liberalizadas desde hai anos.

O balance negativo non ten que ver co volume de ventas, ou polo menos de momento non é así, senón que xa adianta a posíbel contracción do consumo contando con menos empregadas e empregados nos comercios galegos.

Un estudo feito pola empresa de recursos humanos Adecco calcula que se farán 9.000 contratos para estas próximas semanas.

Malia que pode parecer unha cifra elevada, o certo é que coas estatísticas na man, o informe revela que isto implica unha caída de entre un 5 e un 10% en relación á mesma época do ano pasado, cando aínda non chegara a Covid-19 a todo o mundo.

A porcentaxe dependerá do sector concreto no que estean inseridos os negocios.

A responsábel do documento di que tanto o coronavirus como as festas de Nadal van influír de forma “negativa debido á inestabilidade e incerteza da economía”.

Malia todo, Galiza é o sétimo territorio do Estado español no que se crearán máis postos de traballo polas rebaixas. A maior parte das incorporacións decorrerán nas cidades e vilas atlánticas do país.

Comentarios