CIG considera un “desprezo” que Feixóo supla as funcións de organismos públicos por un comité de expertos

Lembra que o Consello Económico e Socia e o Consello Galego de Relacións Laborais son os órganos acaídos e representativos para analizar o impacto económico e social do coronavirus.

17,00 h.-    A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentará a Lei de Impulso Demográfico ante o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, CES (rúa da Algalia de Abaixo, 24). 
foto xoán crespo
16/12/2019
photo_camera Imaxe de arquivo dunha sesión no Consello Económico e Social (Xoán Crespo / Xunta)

A Xunta prepara o terreo para a saída dunha crise que vai ser especialmente profunda no económico. Para deseñar ese futuro, o presidente Alberto Núñez Feixoo encomendoulles a varias expertas a tarefa de consensuar solucións para que os efectos da pandemia de coronavirus afecten o menos posíbel á economía galega e ao seu tecido produtivo. Un 'comité de expertas' para a crise económica da que Feixoo deixa fóra as representantes das traballadoras.

O sindicato maioritario na Galiza, CIG, considera que “buscar alternativas como a creación dun comité de expertos” para deseñar unha saída á crise provocada pola situación de emerxencia sanitaria do Covid-19 en materia económica e laboral é un “desprezo” para as institucións públicas galegas creadas a tal fin.

Neste sentido, o secretario xeral, Paulo Carril, lembra que precisamente esa é a función que teñen organismos como o Consello Económico e Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), aos que “habería que respectar as súas atribucións”.

Carril sinala que no CES participan xa axentes socioeconómicos, organizacións sindicais e representantes da sociedade civil e que ten, precisamente, o carácter de órgano consultivo e asesor da Xunta de Galiza en materia económica e laboral.

Da mesma forma, salienta o carácter consultivo e asesor en materia de política laboral do Consello Galego de Relacións Laborais.

Organismos públicos ambos, indica a CIG, contra cuxo criterio “actuou en diversas ocasións o goberno de Feixóo, como ocorreu coa chamada Lei de Fomento Empresarial. Un goberno que tampouco quixo atender as súas recomendacións en diversas materias”.


 


 

Comentarios