Novo accidente laboral: falece un operario en Calvos de Randín nun accidente nunha granxa

Os sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.
Sala de operacións da central do 112 na Estrada.
photo_camera Sala de operacións da central do 112 na Estrada.

Un operario dunha granxa perdeu a vida na noite desta pasada segunda feira na localidade limiá de Calvos de Randín após sufrir un accidente cunha máquina cargadora. Segundo informa a central do 112-Galiza, os feitos ocorreron dez minutos antes das 23 horas e foi un particular o que alertou os xestores de emerxencias solicitando asistencia sanitaria para o traballador, que fora golpeado pola máquina, que estaba a ser desprazada.

Inmediatamente deuse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias do 061, que acudiron ao momento pero nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador. Tamén foron informados o GES de Muiños, a Garda Civil e os membros de Protección Civil de Calvos de Randín.

Comentarios