A Xunta asegura que prioriza vacinar aos maiores de 65 anos da gripe ante críticas a escasez de doses

Unha paciente vacínase contra a gripe no seu centro de Atención Primaria (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).
Profesionais de Medicina de Familia aseguran que o persoal de enfermaría "ten que gardar as vacinas cos nomes dos pacientes de risco para que ninguén as empregue".

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) asegura que as doses da vacina da gripe están a chegar a "contagotas" aos centros de saúde.

Así o denunciou hoxe nun comunicado, no que agregou que o persoal de enfermaría "ten que gardar as vacinas cos nomes dos pacientes de risco para que ninguén as empregue".

Cuestionado por esta problemática, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que se está a priorizar a vacina dos maiores de 65 anos, cuxas doses "seguen a chegar" aos centros de saúde da Galiza.

O persoal sanitario tamén denunciou o aprazamento das persoas que non integran grupos de risco. Ao respecto, Comesaña asegurou que se procederá a súa vacinación cando haxa "unidades suficientes", mais que "agora mesmo" a prioridade é a "poboación de risco".

En declaracións a Europa Press, Agamfec expresou as súas dúbidas de que esta vacinación se chegue a producir.

Fontes de Sanidade sinalaron á axencia de comunicación que até onte subministráranse aos puntos de vacinación 321.694 doses das unidades para menores de 65 anos.

Do total, permanecen sen administrar 63.281. A maiores, a Xunta conta cun depósito de 68.709 a distribuír segundo as necesidades.